19 millóns de euros para proxectos dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)

04 Xuño 2024

A maioría das iniciativas se concentran nos GALP 2 Golfo Ártabro Norte e GALP 5 5 Ría de Arousa con 11 proxectos cada un seguidos do GALP 7 Ría de Vigo- A Guarda con 10 proxectos

barco de pesca en carnota

A Xunta de Galicia apoia a través do Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) o desenvolvemento de proxectos na actividade marisqueira de Galicia con axudas que ascenden a 18,4 millóns de euros, que se distribúen en dúas anualidades: 8 millóns en 2023 5,6 millóns, en 2024; e, 4,8 millóns, en 2025. Así o detallou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Marta Villaverde, no marco da súa comparecencia na Comisión 8 do Parlamento, na que adiantou que, como resultado desta primeira convocatoria se executaron 64 proxectos, cun total de axuda pública de 4,9 millóns e un investimento privado de 3,25 millóns.
Do total de axuda pública, o GALP 7 Ría de Vigo-A Guarda recibiu unha suma que supera os 941.000 euros (o 19%), seguido do GALP 2 Golfo Ártabro Norte cun total de 787.000 euros (o 16%), así como polo GALP 6 Ría de Pontevedra (o 15%) e o GALP 4 Costa Sostible (o 14%). Polo que respecta ao número de proxectos en marcha a distribución é a seguinte: GALP 2 Golfo Ártabro Norte e GALP 5 Ría de Arousa con 11 cada un; GALP 7 Ría de Vigo-A Guarda con 10 e GALP 8 Golfo Ártabro Sur, con 4. Asemade, o valor medio de axuda pública por cada un supera os 75.000 euros e a media de investimento privado supera os 50.000 euros.
Villaverde explicou que o crédito orzamentario das axudas públicas recóllese en dúas partidas diferenciadas: en actividades económicas (AE) ou en actividades sen fin de lucro (ASAL). Neste caso, as primeiras representan o 46% das achegas e se desenvolveron en 21 concellos, mentres que as segundas o 54% e se levaron a cabo en 32 municipios.
En relación ao investimento privado rexistrouse unha cifra que supera os 3,2 millóns de euros para o conxunto dos GALP; o 40% do custe total. O investimento total en proxectos en execución nesta convocatoria é superior aos 8 millóns de euros.
O 31 de xaneiro de 2024 tamén se publicou no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria do FEMPA para este ano pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local (EDLP) aprobadas aos GALP cun orzamento de 19,5 millóns de euros, distribuídos do seguinte xeito: 8,5 millóns en 2024; 5,9 millóns en 2025 e 5,1 millóns en 2026.
Impulso para o sector
Segundo Marta Villaverde sonaxudas coas que dende a Consellería do Mar se contribúe ao aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de mozos e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos de pesca e acuicultura; ao impulso da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio da diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial; ao aproveitamento do patrimonio medioambiental, do benestar social e patrimonio cultural; e ao reforzo do traballo das comunidades pesqueiras.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.