Todo preparado na Pobra para 16ª edición da Volta a Ons

28 Maio 2024

A Pobra do Caramiñal, a través do Club Náutico Arousa Norte, comezou a conta atrás para a 16ª edición da Volta a Ons. A clásica regata que organiza o Club Arousa Norte, puntuábel para a Copa Xunta de Galicia, conta co patrocinio do Clínica Dr. Gonzalo López e de Atlantic Dental Institute.

Con saída prevista ás 11:30h desde as inmediacións da rada pobrense, unha vintena de embarcacións procedentes de distintos clubs náuticos das Rías Baixas tentarán levar ás súas vitrinas o prezado Faro de Ons de Sargadelos. Desde primeira hora da mañá a mariña da Pobra será un fervedoiro de tripulantes ultimando os detalles das súas embarcacións para dispoñerse a realizar un percorrido de 35 millas co obxectivo de circunnavegar as illas de Ons e Onza e regresar ao porto de O Caramiñal.

A previsión meteorolóxica anuncia un nordeste de 20 nós que farán que a ría “se converta no marco perfecto para gozar dunha espectacular xornada de regata”, informou a organización.

Entre os favoritos á vitoria final atópanse embarcacións que xa saben o que é gañar esta prestixiosa regata, como o pobrense José Manuel Pombar patroneando o seu Cámping Ría de Arousa, ou o Orlando, de Gerardo Sánchez que o ano pasado fíxose coa clase cruceiro. Outros candidatos á vitoria final son o Ronautica Mariñas, de Joaquín Carneiro “Piri”, un clásico da ría de Pontevedra e da Volta a Ons, os vilagarciáns Santana´s e Narval, o barco local Chispetrén, ou o Ziralla de Ramón Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.