Achan unha xanela románica na Catedral de Santiago durante unhas obras de restauración

21 Maio 2024

Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia na Catedral de Santiago e feitos en colaboración coa Fundación Catedral sacaron á luz unha ventá románica na capela do Salvador. Así o comprobou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita co arcebispo Francisco José Prieto e o director da Fundación Catedral, o pobrense, Daniel Lorenzo, ás  obras de restauración que se están levando a cabo tanto neste espazo como na capela de San Bartolomé.

Tal e como explicaron os técnicos na visita, a ventá románica atopábase detrás do retablo e quedou accesible tras a súa desmontaxe no proceso de restauración. Ademais, as actuacións que se están levando a cabo nestes espazos, incluídas no convenio de colaboración coa Fundación Catedral, están permitindo recuperar as pinturas murais e os relevos pétreos e supoñen, no seu conxunto, un investimento de 250.000 €.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura puxo en valor a importancia da colaboración con entidades como a Fundación Catedral para levar a cabo actuacións tan complexas como estas que garanten que “un dos maiores tesouros de todos os galegos sexa legado as vindeiras xeracións nas mellores condicións” ademais de ampliar o coñecemento que temos sobre este monumento.

Nesta mesma liña, o conselleiro lembrou “o firme compromiso que o Goberno galego mantén desde o ano 2009 coa conservación desta basílica” na que, co apoio da Xunta de Galicia, leváronse a cabo distintas intervencións nas fachadas, torres ou cubertas. Trátase dun compromiso que, tal e como salientou, continúa vixente co Plan Catedrais de Galicia, a folla de ruta dotada con 38 M€ para actuar nos grandes templos galegos co horizonte de 2027.

No marco deste plan, ademais das intervencións que están en marcha nas capelas absidais do Salvador e San Bartolomé, tamén está previsto destinar, este 2024, 350.000 € para a posta en valor da capela do Cristo de Burgos, intervencións que abranguen a fachada ao patio de Xelmírez e o proxecto de restauración do interior da capela.

Os traballos impulsados pola Xunta na catedral de Santiago sacan á luz unha ventá románica

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.