O teatro de humor (de Excéntricas e Airiños) e os contacontos sobre Europa, protagonistas da axenda de Rianxo de principios de maio

02 Maio 2024

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu a axenda local de actividades para estes primeiros días de maio, que se complementa coas organizadas polas entidades asociativas rianxeiras. Haberá teatro de humor (Pirolíticos e As vellas non deben de namorarse) de Excéntricas, unha nova Velada de primavera de Airiños e unha sesión de contacontos e maxia impulsada por Europe Direct A Coruña (Deputación da Coruña.

Son as que citamos a continuación.

Sábado 4 de maio

20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, Pirolíticos por Excéntricas. Entradas: 6 euros. Dispoñíbeis en liña en Woutick e 10,00 € na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (5,00 € para menores de 18 anos e para maiores de 65).

20.30 h. Centro Social da Atalaia (Asados). Proxección do documental Esta Noite, Velada, no marco das Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro AirIños.

Domingo 5 de maio

20.30 h. Centro Social da Atalaia (Asados). Teatro. As vellas non deben de namorarse do grupo de teatro Airiños, no marco das Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro AirIños.

Martes 7 de maio

18.00 h. Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro). Maxia: A Maxia de Europa, de Europa no teu Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión