O sendeirismo galego xúntase este domingo 26 na Andaina de Porto do Son

25 Maio 2024

Esta fin de semana celébrase un dos grandes eventos deportivos da comarca nesta primavera: a Andaina de Porto do Son da II Liga Galega de Sendeirismo que organiza o Club Trabandainas (coa colaboración da Área de Deportes do Concello), incluída no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo.

A andaina, que pechou este mércores o seu período de inscricións, celébrase este domingo 26 de maio con formato de ruta circular dende a fachada marítima de de Porto do Son e con percorridos de 25 e 15 quilómetros.

A recta final do prazo de inscrición acompañouse cun vídeo nas redes onde a presidenta de Trabandainas, Pilar Santamaría, reivindica o importante valor paisaxístico, ambiental e cultural da ruta, que agasalla ás persoas participantes impresionantes vistas da ría de Muros e Noia durante boa parte do treito e lles permite coñecer tesouros etnográficos como a ruta dos muíños ou o propio centro histórico de Porto do Son, onde comeza e remata o percorrido. “Trátase dunha ruta moi doada de percorrer, cun desnivel positivo máximo de 670 metros sobre o nivel do mar”, explica.

Distancia: ruta circular de 25 quilómetros, aproximadamente.

Distancia alternativa: ruta Circular de 15 quilómetros, aproximadamente.

Dificultade: media.

Entrega de dorsais: dende como 7:30 a 8:45 horas.

Punto de Saída: fachada marítima de Porto do Son.

Inicio da Andaina de Porto do Son 25K: 9:00 horas.

Inicio da Andaina de Porto do Son 15K: 9:05 horas, a continuación da saída de 25K.

Punto de Chegada: fachada marítima de Porto do Son.

Percorrido: sairase da fachada marítima de Porto do Son e logo dun treito a carón do mar (deixando atrás o miradoiro da Atalaia, o paseo do Fonforrón, o paseo de Arnela, o Castro de Baroña, os muíños e ruínas da capela de San Telmo, os sendeiros e camiños da Comunidade de Montes de Baroña) as e os participantes regresarán a Porto do Son, polo paseo da igrexa parroquial de San Vicente de Noal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.