O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Corrubedo para escoitar as súas inquedanzas e presentar proxectos

29 Maio 2024

O Goberno municipal de Ribeira mantivo unha reunión a pasada semana coa veciñanza de Corrubedo co propósito de informar das actuacións que o Concello está a levar a cabo na parroquia e para recoller todas as inquedanzas que ten a veciñanza en diferentes eidos. Dende o Executivo local deuse conta dos proxectos que están en execución ou en proxecto, como son o pavimentado e o saneamento na rúa do Colexio, cun orzamento de 67.515€; a pavimentación e pluviais na Travesía dos Pozos, con orzamento de 38.459€; o saneamento na avenida de Bos Aires, con orzamento de 44.559€; a obra de pavimento e servizos na rúa Canaval, con orzamento de 45.308€; e a ampliación das pistas de Saamil, por 116.339€.

Tamén se trasladou á veciñanza que “no mes de xuño incorporarase un tractor para as rozas en tódalas parroquias, que mellorará a limpeza de maneira considerábel”, explicou o rexedor Luís Pérez Barral.

Por parte da veciñanza propuxéronse cuestións importantes como son a mellora das actuacións en materia de accesibilidade. No caso da estrada que vai dende Corrubedo ata Teira, “o Goberno municipal habilitará unha senda peonil para mellorar a accesibilidade da mesma”, informou o alcalde Luís Pérez.

Outro tema que se abordou na xuntanza foi o control efectivo do paso de vehículos privados á zona do Porto nos meses do verán. “Sabemos que Corrubedo ten moita afluencia de turismo, polo que temos que aplicar regulamentos efectivos para controlar ese tráfico rodado á zona do Porto”, sinalou o rexedor, quen explicou que xa se está a mellorar o estacionamento para que a poboación poida deixar o vehículo na estrada principal.

Finalmente, tratouse a mellora da canalización das augas pluviais. Neste punto o alcalde recoñeceu que o Concello está a estudar medidas que permitan retirar a auga de xeito efectivos naqueles puntos máis conflitivos e onde xera problemas á veciñanza.

Estes encontros abertos que se veñen realizando por tódalas parroquias teñen o propósito de “priorizar actuacións para incluír nos orzamentos municipais, así como tamén establecer un diálogo coa veciñanza para conseguir que os recursos municipais se asignen de xeito eficaz e acorde ás necesidades reais da comunidade”, informaron os responsábeis do Concello.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.