O Concello de Ribeira celebra o Día da Bici este domingo 2 de xuño

27 Maio 2024

O concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal, presentou este luns os detalles da celebración local do Día da Bici, programada para este 2 de xuño. Fíxoo na compaña de xunto a Javier e Moncho Sampedro e lembrando que o obxectivo é fomentar o uso do vehículo limpo, sustentábel e saudábel por excelencia: a bicicleta.

A xornada, cuxa comitiva ciclista terá saída dende a praza de España, está organizado polo Concello en colaboración co Club Saltamontes e a Asociación de Veciños de Carreira.

Segundo explicou o concelleiro, o casco será obrigatorio para todo o mundo; e a recollida de dorsais será dende as 10 da mañá e a saída ás 11.00 horas.

O percorrido terá 5 quilómetros, que sairá cara as Abesadas, pasando por Rosalía de Castro, rúa de Galicia, Romero Ortiz, paseo das Carolinas e volvendo polo malecón de novo para rematar na praza de España.

No inicio do evento, farase unha homenaxe a Dositeo Fernández e Carlos Guerra, moi vinculados ao ciclismo.

Xavier Vidal agradeceu a colaboración de Sport Bike e Dalle Pedal para a organización desta cita deportiva, así como o apoio do GAEM e a Policía Local de Ribeira.

Javier Sampedro, pola súa parte, destacou a necesaria inscrición previa para poder ter unha previsión da participación e mellorar o avituallamento e o control do tráfico no propio día.

A celebración do Día da Bici é unha cita anual que busca promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostíbel, saudábel e ecolóxico. Este evento, que contará co sorteo de agasallos, ofrece aos participantes a posibilidade de gozar “dun paseo seguro e agradábel pola cidade de Ribeira”, sinalou o concelleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...