Na Pobra incendio no mobiliario dunha terraza dun local de hostalaría na rúa María Mariño

08 Maio 2024

Bombeiros Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados ás 02:30 horas desta madrugada dun incendio na rúa María Mariño, no Concello da Pobra do Caramiñal.

O lume foi orixinado no mobiliario dunha terraza dun local de hostalaría do lugar. Na chegada dos bombeiros a situación estaba baixo control e os labores destes consistiron no arrefriamento dos restos.

Completaron o operativo a Garda Civil de Boiro e Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.