Incendio nun colector no lugar do Vilar, na parroquia de Carreira, no concello de Ribeira

10 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira interviñeron ao redor das 19:30 horas de onte, xoves 9 de maio, nun operativo destinado a extinguir un incendio nun colector no lugar do Vilar, na parroquia ribeirense de Carreira.

O lume tivo como foco un colector do lixo que está a carón dun poste de telégrafos que tamén resultou afectado polas lapas.

A intervención consistiu na extinción das chamas e na posterior notificación á Policía Local da necesidade de repoñer o colector e á empresa responsable do mantemento de telégrafos da reparación do poste afectado.

Completaron o operativo a Policía Local de Ribeira e o GAEM de Ribeira.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.