Anxo Moure leva a historia dos seus zapatiños de cartón ao Parque de San Roque de Ribeira (este sábado ao mediodía)

24 Maio 2024

O Parque Periurbano de Ribeira vai acoller este sábado 25 de maio un espectáculo de narracións orais a cargo do contador, escritor e activista ambiental Anxo Moure. Trátase de Zapatiños de cartón e a carta dos bosques, unha narración oral para toda a familia á sombra das árbores máis grandes de San Roque, en Ribeira. Será ás 12.00 horas, con punto de reunión na zona do estacionamento.

Trátase dunha sesión de contacontos na que un fabricante de zapatos da vella fábrica de Montealegre chega á biblioteca para camiñar con zapatos de cartón polos contos e as historias na procura da carta dos bosques para coidar a terra.

Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.

As inscricións cómpre facelas a través de normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.