Antón Riveiro Coello entre os finalistas da 28ª edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente

28 Maio 2024
O escritor boirense de adopción Antón Riveiro Coello

O Instituto IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anunciaba o día 23 de maio os finalistas nas tres categorías (novela en lingua estranxeira, novela en castelán e novela en galego) para o seu XXVIII Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. O escritor limiao e barbanzán de adopción Antón Riveiro Coello resultaba finalista coa súa Hotel Carioca, libro de editado por Galaxia; Diario de dúas casas, título de María Villamarín do selo Euseino? Editores, e O ano das mazas, obra de Montse Ferreira Fervenza publicado por Xerais son as finalistas no apartado de novela en galego.

O San Clemente en lingua castelá decidirase entre La naturaleza secreta de las cosas de este mundo, novela do arxentino Patricio Pron editada por Anagrama; Literatura infantil, do chileno Alejandro Zambra e tamén editada por Anagrama; e No te veré morir, volume do andaluz Antonio Muñoz Molina lanzado por Seix Barral. Para o galardón en idioma estranxeiro, as obras finalistas son: Una salida honrosa, do francés Éric Vuillard (Tusquets); Miradnos Bailar, da autora francomarroquí Leïla Slimani, e El retrato de casada, da británica Maggie O’Farrell (Libros del Asteroide).

Segundo Valentín García, secretario xeral de Lingua, cómpre salientar a singularidade deste premio composto por un xurado adolescente, xa que os libros gañadores das tres categorías son elixidos por alumnado de Bacharelato do propio instituto compostelán e tamén doutros centros de fóra de Galicia.

Así, o alumnado é o auténtico protagonista destes galardóns. En cada edición convídase a participar a institutos públicos de toda Galicia e de Europa. O día da entrega os autores e autoras premiadas comparten convivencia e cea co alumnado.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, asistiu á rolda de prensa para anunciar os finalistas do XXVIII Premio San Clemente.

Nesta 28ª edición, cuxas obras gañadoras se darán a coñecer no curso 2024/20225, participarán un total de dez centros: o IES do Sar (Santiago de Compostela), o IES de Brión (Brión, A Coruña), o IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra), o IES Gregorio Ordóñez (Sarria, Lugo), o IES Universidade Laboral (Ourense), o IES Ramiro de Maeztu (Madrid), o Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemaña), a Hockerill Anglo European College (Reino Unido) e o propio Instituto Rosalía de Castro.

Engadir que estes galardóns puxéronse en marcha en 1993 da man da Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro e grazas ao impulso de profesores xa xubilados no centro, como o antigo director Ubaldo Rueda, Maribel Martín, Margarita Prado e Rosa López.

Ao longo de case tres décadas, sinaturas tan reputadas como as de Paul Auster, Haruki Murakami, Antonio Tabucchi, José Saramago, Mario Vargas Llosa, Carmen Martín Gaite, Almudena Grandes, Manuel Rivas, María Reimóndez, Anxos Sumai ou Pedro Feijóo recibiron este galardón que, na pasada edición, levaron Sica Romero por Avelaíñas eléctricas; Brenda Navarro por Ceniza en la boca e Nell Leyson por La escuela de canto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.