A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo

14 Maio 2024

A cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de até 1 GB simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares (ao chegar a fibra até as súas vivendas) e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Todo iso unido aos servizos de Wi-Fi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional.

Trátase da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, axeitada para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. Un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e até oito veces máis capacidade de subida.

A alianza de R con Rede Aberta permitirá abranguer arredor de 70.000 novos inmóbeis que se conectan agora á infraestrutura da operadora galega e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais dun cento longo de municipios do territorio.

Nas zonas de Rianxo onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de Internet Rural de R con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de até 600 Mbps con 5G e Wi-Fi 6. A tecnoloxía 5G de Internet Rural de R apóiase, por unha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema Wi-Fi 6 para facilitar, por exemplo, unha

experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra (latencia: tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo en liña).

En resumo, a opción da fibra óptica FTTH de R ou a súa solución de Internet rural (se a fibra non chega á zona) son a alternativa para quen teñan en Rianxo unha conexión a Internet a través de par de cobre, porque o tradicional ADSL xa deixou de funcionar e/ou de comercializarse en Galicia.

Outros artigos

Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Pobra

Augas de Galicia (Xunta) contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Santa María A Antiga, no concello da Pobra do Caramiñal. O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España no va como un cohete”. José Castro López

“España no va como un cohete”. José Castro López

La Comisión Europea eleva al 2,1 por cien el crecimiento del Producto Interior Bruto(PIB) en 2024, cuatro décimas por encima de pronósticos anteriores, prevé que Españacumplirá el objetivo del 3 por cien del déficit que exigen las reglas fiscales, espera quecontinúe...