A cría da ameixa en Muros prendeu no verdello e non na area

08 Maio 2024

As mariscadoras teñen que separar cada bivalbo, un a un, da leituga de mar

As mariscadoras de Muros non levantan cabeza. Despois das enchentes que lles mataron parte do berberecho e da ameixa, estes días atoparon unha nova sorpresa: que a cría de marisco non prendeu na area, senón na leituga de mar que as correntes arrastraron dentro da ría.

Cando a ameixa estaba desovando, chegou o temporal e arrastrou dentro da ría grandes cantidades de leituga de mar provocando que a cría non prendese na area, senón no verdello.

A única maneira de solucionar este desastre é ir despegando un a un cada bivalvo. Esta tarefa teñen que facela con présa porque en canto o argazo seque ou podreza o marisco morre. 

En dous días xa recolleron preto de 500 quilos de cría, case toda ameixa xapónica e algo de berberecho. O seguinte paso é sementala en zonas limpas coa esperanza de que se enterre na area e chegue a prender.(TVG)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.