Segue o sol con lixeira baixa das temperaturas na costa

12 Abril 2024

Na xornada do sábado Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, teremos néboas matinais en zonas do interior, que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas que non impedirán o paso do sol. Brétemas costeiras. As temperaturas permanecerán sen cambios en xeral, con descensos no litoral. Os ventos soprarán do norte-noroeste frouxos, con intervalos moderados nas Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...