Ribeira acolleu a presentación do nº 8 da revista “Follas Novas” de estudos rosalianos

19 Abril 2024

A Fundación Rosalía de Castro presentou no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira o número 8 da revista de estudos rosalianos Follas Novas, fíxoo nun acto que contou coa presenza do director da revista, Xosé Luís Axeitos; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; a profesora Pilar García Negro; o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta.

No oitavo número de Follas Novas, que patrocina o Concello de Ribeira inclúense artigos e investigacións de diversos expertos na vida e obra de Rosalía e de Murguía, como Uxío Breogán Diéguez (UDC), Adrián Estévez (RAG), Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), Mariña Paradelo, Diego Rodríguez, Xosé Luís Axeitos, Pilar G. Negro e Simón Vicente, Diego Rivadulla, Ana Acuña e Margarita Viso.

A temática vai desde a proxección mediática de Murguía en Galicia e na emigración, a presenza rosaliana nos proxectos Wikimedia, a pegada rosaliana en Italia, a loucura e o xénero en dúas novelas de Rosalía, e as autotraducións das obras rosalianas. entre outros temas.

O rexedor, Luís Pérez, destacou que o acto salda unha “débeda histórica” que o Concello de Ribeira tiña coa Fundación á hora de “promover os estudos, coñecemento e divulgación da vida e obra dunha das autoras máis importantes da literatura galega.”

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.