O programa Camiños de Coñecemento e Experiencia (IV Ciclo da USC) chega novamente a Rianxo para ofrecer actividades de formación universitaria aos maiores de 50 anos. Desenvolverase ao longo desta primavera, con inicio este mes de abril. Trátase dunha iniciativa da Universidade de Santiago e en concreto do Vicerreitorado de Estudantes, en colaboración, neste caso concreto, co Concello de Rianxo. As sesións celebraranse na Aula no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo e inclúen formacións relacionadas coa entomoloxía (o estudo dos insectos), a tradición xacobea e a música. A continuación damos conta do programa:
24/04/24 16:30 – 18:00 h
Seminario: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.
25/04/24 16:30 – 18:00 h
Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.
26/04/24 16:30 – 18:00 h
As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernández.
29/04/24 16:30 – 18:00 h
A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación.
29/04/24 16:30 – 18:00 h
Obradoiro práctico de ritmo e percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación e Lusine Grigoryan Zohrabyan.
03/05/24 16:30 – 18:00 h
Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernandez.
Inscricións
As inscricións deberán facerse preferibelmente por correo electrónico en cultura@concelloderianxo.gal indicando:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Enderezo postal
- Correo electrónico
- Nivel académico: Estudos primarios/Estudos secundarios/Diplomatura universitaria/Licenciatura universitaria/Doutoramento
No teléfono 981 100 688 ou presencialmente no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.