Presentado en Boiro o novo catálogo de premios do sistema de fidelización que conta co apoio da Xunta de Galicia

02 Abril 2024
Asociación Boirense de Empresarios

Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo, asistiu hoxe á presentación do renovado catálogo de premios do sistema de fidelización da Asociación Boirense de Empresarios, Centro Comercial Aberto (CCA) de Boiro. Este sistema, apoiado pola Xunta de Galicia a través dun programa de axudas, apoia o labor de dinamización do comercio local levada a cabo polos centros comerciais abertos ao longo do ano.

Heredia eloxiou a calidade e variedade do comercio en Boiro, destacando que o CCA recibiu unha axuda de 44.000 euros o ano pasado por parte da Consellería de Economía, Industria e Innovación. Para este ano, o orzamento do programa ascende a 2,25 millóns de euros.

O sistema de fidelización do comercio boirense implementouse o ano anterior, permitindo aos clientes acumular o 10% do importe das súas compras en puntos que logo poden trocar por premios do catálogo, ao rexistrar os tickets na web www.abe.gal. Con máis de 2.800 usuarios activos e máis de 400 premios entregados aos clientes, o sistema tamén ofrece sorteos, información sobre campañas e novas funcionalidades como newsletter e xestión de cambio de premios. No evento de hoxe presentouse o novo catálogo, válido ata o 31 de marzo de 2025.

Asociación Boirense de Empresarios

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.