O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible adxudicou por 4,4 millóns de euros as obras de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro, na área metropolitana de Santiago de Compostela.

Os traballos centraranse en adecuar a vía ao paso de peóns e ciclistas e dotar dun carácter urbano 1,52 quilómetros da estrada, entre os puntos 67,075 e 68,600, “un dos eixos principais da rede de estradas galegas con trazado paralelo á autoestrada AP-9, que ten carácter urbano ao seu paso por Milladoiro”.
As principais actuacións a realizar serán a humanización da rúa, a reordenación e optimización do espazo público, a redución dun carril de circulación ao tráfico rodado por cada un dos sentidos, a construción dunha mediana axardinada entre as rúas Do Rego e Cartas, a execución dun carril bici ou a ampliación das beirarrúas, entre outras.
Esta actuación implica que, unha vez finalizadas as obras, o tramo cederase ao Concello. Esta intervención finánciase con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns de euros, do fondo Next Generation EU.



