O espectáculo “Coñece Europa con Kalopsia” recala este mércores 10 de abril en Boiro (e logo en Taragoña, Rois e Lousame)

08 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle este mércores 10 un espectáculo para que a rapazada coñeza máis a fondo, dun xeito enriquecedor e divertido, a realidade da UE e dos países que a integran. Trátase do contacontos Coñece Europa con Kalopsia, un obradoiro itinerante de narracións orais de índole familiar para nenos e nenas de 6 a 12 anos, organizado pola oficina Europe Direct A Coruña da Deputación. A cita serás ás 18.00 horas na Casa da Cultura.

O espectáculo, que xa pasou por Dodro (o pasado 3 de abril) recalará tamén o martes 16 de abril ás 18.00 h no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña en Rianxo; o 24 de abril no Auditorio de Rois ás 18h; e o venres 10 de maio na Casa da Cultura de Portobravo, en Lousame, ás 18h ).

Trátase dun obradoiro de narracións orais que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da Unión Europea. Esta actividade realizase ao abeiro do programa Europa no teu Concello da Deputación da Coruña.

A sesión comezará cun achegamento a algúns relatos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espazo exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está concibido para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que “a diversidade é un valor que nos enriquece”, sinálase dende a organización, engadindo que ao rematar os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas.

A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

O contacontos  Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses. Esta actividade forma parte da programación que Europe Direct A Coruña (Deputación) ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.