O BNG solicitará ao Goberno do Estado que “non ampare nin apoie” a instalación de Altri na Galiza

05 Abril 2024

O BNG anunciou que vai presentar no Senado, na vindeira sesión de control e a través da intervención de Carme da Silva, unha pregunta ao Ministro de Industria, Jordi Hereu, sobre se o Goberno ten programado incluír o proxecto da macrocelulosa que se pretende instalar en Palas de Rei nas axudas dos fondos europeos do PERTE de descarbonización, tal e como require a empresa lusa Altri. O BNG lembrará ao Goberno do Estado que este proxecto “incumpre os requisitos estabelecidos para a percepción destes fondos e alertará das graves afectacións ambientais e socioeconómicas que supón a instalación deste proxecto”, adianta a senadora, engadindo que o Executivo debería dar a súa posición exacta sobre este proxecto industrial e que ten previsto a carteira de Industria (a encargada de decidir a que iniciativas se entregan as axudas dos fondos europeos). O BNG tamén se interesará sobre se existe “algún tipo de compromiso por parte do Executivo para que a macrocelulosa poida acceder a estes fondos”.

A senadora do BNG lembrará que “unha das condicións que estabelece a empresa lusa para se instalar na Galiza é recibir entre 200 e 250 millóns de euros dos fondos europeos e, especificamente, quere acollerse as axudas do PERTE de descarbonización. Os criterios estabelecidos para a percepción destas axudas deixan claro que só se poden financiar aqueles proxectos que contribúan a asentar economías máis sustentábeis e mellor preparadas para as transicións ecolóxicas e dixitais. O proxecto de Altri non o fai”, denunciará da Silva durante a sesión de control.

Alén do máis, o BNG entende que o Goberno “non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento de industrias que afecten negativamente ao medio ambiente, á protección da biodiversidade e a un uso sustentábel dos recursos hídricos”. Tampouco, engade Carme da Silva, a un proxecto que suporá a destrución do sector agrogandeiro nas comarcas do corazón do País,  a destrución do río Ulla e que mesmo terá graves consecuencias na ría de Arousa, véndose afectado un sector tan importante como o marisqueiro.

De facto, continúa a senadora da Silva, se o Goberno do Estado rexeita conceder á empresa lusa as axudas do PERTE de descarbonización “abriríase a posibilidade de que Altri retroceda nas súas pretensións de instalarse en Palas de Rei e, polo tanto, na Galiza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.