Milleiros de persoas reúnense en Riazor para celebrar o Día de Peñas do Dépor

20 Abril 2024

A contorna do Estadio de Riazor encheuse de milleiros de peñistas e persoas afecionadas para celebrar o Día de Peñas do Dépor, organizado pola Federación de Peñas Deportivistas da Coruña en colaboración co Concello. A alcaldesa, Inés Rey, sumouse á celebración xunto co concelleiro de Área Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro; o concelleiro de Deportes, Manolo Vázquez; e a directiva da Federación de Peñas.
Rey asinou o pasado mandato un convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Peñas para a cesión dun local no Palacio dos Deportes de Riazor, demandado da Federación de Peñas desde hai máis de unha década ao carecer dun espazo específico para recibir ás peñas visitantes e desenvolvemento das súas actividades.
Este ano, o Día das Peñas Deportivistas celébrase dende as 13.00 horas coa actuación de varias bandas locais como Trapallada, Juego Sucio, The Muppets, La Piel del Oso o Bastards on Parade, xunto con pulpeiras e churrasco e diversos food trucks. A xornada
estenderase ate o domingo con motivo do partido entre o Dépor ABANCA – Cacereño en Riazor, decisivo ante o posible ascenso do equipo feminino.
Ademais, os milleiros de peñistas e afecionados poderán colaborar coa recollida solidaria organizada pola Cociña Económica, participando no sorteo de entradas da zona VIP de Riazor para os encontros do equipo masculino e feminino.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...