Interceptado un condutor que circulaba en sentido contrario na Autovía

06 Abril 2024

A Garda Civil detivo ao condutor que, o venres pola tarde, foi visto circulando en dirección contraria pola Autovía do Barbanza e cunha taxa de alcol tres veces superior ao límite permitido.

O home, de 38 anos, deu negativo nas probas de drogas, pero nas de alcol rexistrou un nivel de 0,79 mg/l en aire expirado en ambas as probas.O incidente ocorreu pouco despois das 20:00 horas, cando o servizo de emerxencias 112 recibiu varias chamadas de particulares alertando sobre un vehículo que circulaba en sentido contrario pola AG-11, no quilómetro 23, en dirección a Padrón polos carrís destinados a Ribeira.

Finalmente, ao redor das 20:17 horas, unha patrulla do COS de Padrón localizou ao condutor detido na saída do quilómetro 17 da autovía, no municipio de Rianxo, onde se atopaba tamén a patrulla de tráfico de Santiago. As dilixencias están a ser levadas a cabo polo equipo de atestados do Subsector da Coruña, por un presunto delito de condución temeraria e superación dos límites de alcol permitidos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...