“Galicia é a comunidade peninsular máis ameazada polo crecemento do mar”. Antón Luaces

10 Abril 2024

Dúas grandes (dentro dos límites) cidades de Galicia figuran entre as catro españolas que, nos últimos 71 anos (período comprendido entre 1948 e 2019) máis viron medrar o mar. A que máis pode pagar as consecuencias deste fenómeno é

 Vigo, con 2,66 milímetros por ano: 18 centímetros nese perìodo de 71 anos. A    segunda, con 2,62 centímetros por ano é Cádiz, seguida da Coruña con 2,29 e Santander, con 2,08 centímetros por ano.

Este incremento supón ser a maior suba rexistrada en toda a Península, o que inclúe obviamente a Portugal, e confirma que o nivel do mar aumenta a un ritmo cada vez máis acelerado que fai prever que o nivel do mar podería subir en Vigo en 0,71 metros no ano 2.100, incremento que sería de 0,78 metros en Vilagarcía de Arousa e A Coruña.

Son datos que baralla a Administración Nacional de Aeronáutica e o Espacio (NASA) de EU. e que evidencian que o nivel do mar aumenta a un ritmo cada vez maior, sendo de 2,8 milímetros por ano na Península, case que o dobre da taxa de crecemento observada entre 1948 e 2019. Para constatar este feito, o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) en colaboración co Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA) analizaron series mensuais a nivel do mar en distintos portos das costas atlánticas e mediterráneas da Península e os arquipélagos canario e balear con mareógrafos, de principios do decenio de 1940 e datos de altimetría acadados mediante técnicas de medición de alturas dende satèlites, a partir de 1993.

O quecemento das augas-que conleva a súa expansión térmica e un aumento de volume- aproximadamente de 0,8 milímetros por ano, é un dos factores que contribúe ao aumento do nivel do mar. Sen embargo, o factor máis destacado é o incremento na masa de auga debido á fusión dos xeos en Groenlandia e a Antártida, o que contribúe ao ascenso do nivel do mar a un ritmo duns 1,4 milímetros cada ano.

De se cumprir as estimacións para o ano 2100 en Vigo, cando o océano podería avanzar ata 0,71 metros, a praia de Rodas, nas Illas Cíes, estaría anegada, e tamén o porto da cidade (de non se tomar medidas preventivas) . Do mesmo xeito, as praias viguesas retrocederían gradualmente, agravando así o impacto durante os temporais (que serían máis significativos, por exemplo, nas coruñesas de Riazor-Orzán).

As proxeccións máis preocupantes -facilitadas pola plataforma Climate Central- amosan que boa parte da franxa portuaria de Vigo e as súas praias estarían en  risco de desaparición, co mar avanzando cara á desembocadura do río Lagares, achegàndose  á factoría de Stelantis en Balaídos coa praia de Samil e a maioría dos areais vigueses asimesmo en risco de desaparición.

Amáis deste impacto en áreas urbanas, a Fouce do Miño estaría moito en perigo, xunto a outras zonas de alto valor ecolóxico polo avance das augas.

Un futuro nada gratificante o que lles queda ás novas xeracións.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.