Este mércores AGADEA achega en Boiro un curso sobre alimentación en persoas con alzhéimer

08 Abril 2024

Este mércores 10 de abril continúan en Boiro as actividades do Ciclo de Faladoiros “Coidando” (Mércores formativos en Boiro), cos que a Asociación AGADEA, o Concello e a Escola Galega de Saúde teñen o obxectivo de achegar á veciñanza recursos, coñecementos e metodoloxías para mellorar a súa calidade de vida. A nova cita celebrarase este mércores 10 ás 17.00 horas no Centro Social de Abanqueiro, e xirará arredor das Claves da alimentación en persoas con alzhéimer.

A xornada será impartida pola nutricionista Uxía Rodríguez Lavandeira, e está organiza por AGADEA en colaboración co Concello e a Escola Galega de Saúde.

As inscricións para asistir poden facerse a través da conta de correo cdiaribeira@xunta.gal ou no whatsapp 633 018 389.

A seguinte cita será o mércores 15 de maio e xirará arredor das vantaxes para a saúde física e mental da práctica da musicoterapia, baixo o epígrafe O poder da música. Será impartida polo experto na materia Tomás Rábago.

Máis información na web da Asociación AGADEA, www.agadea.org.

Este cursos achegan ás persoas asistentes un diploma oficial da Escola Galega de Saúde do SERGAS.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.