Durante a xornada do domingo seguiremos co dominio das altas presións centradas ó norte de Galicia. Con esta situación teremos algunhas néboas illadas en comarcas do interior que se irán disipando, quedando cos ceos despexados en todo o territorio. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso quedará sobre os 25 graos. Os ventos soprarán do nordés fortes no litoral norte e máis frouxos no resto.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



