Accidente de moto en avenida de Barraña, no concello de Boiro

21 Abril 2024

Os Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro foron alertados ao redor das 12:30 horas da mañá de hoxe, domingo 21 de abril, dun accidente de moto na avenida de Barraña, no concello de Boiro.

Na chegada, foron informados de que unha señora que cruzaba o paso de peóns foi atropelada por unha moto, quedando esta tirada no chan. Tras o atropelo, o motorista caeu ao chan e a moto bateu cun coche aparcado.

O persoal traslada á persoas atropelada cun traumatismo craneal ao centro de saúde, mentres que o motorista foi polos seus propios medios.

Completaron o operativo o Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias de Boiro e a Protección Civil de Boiro.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro ven de intervir en accidente con feridos na Avd de Barraña no Concello de Boiro colaborando co 061. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.