“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

18 Abril 2024

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugo
chegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos da
Mariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara xabreira
ou pouco sollía. Estaban pechadas para os fillos dos mariñeiros e dos labradores, para
tódolos fillos dos traballadores. Daquela eran outros tempos, difíciles, duros e de loita
constante contra a fame e as inxustizas.
A mocidade traballaba e axudaba. Escoitaba o falar dos vellos e aprendía. Aprendía na
escola unitaria. Cada un deles, dos rapaces e rapazas, adoraba á mestra que lle ensinaba e
todos, con boa nota, resolvían aquel Ingreso e ingresaban en primeiro de bacharelato, para
moitos deles, estudar por libre. Outros estaban internos no Seminario, vendo pasar e
contando as sotanas.
No Instituto de Lugo había varios referentes, referentes daquela e, aínda, de hoxe. Eran
profesoras e profesores de inmensa bonhomía, de sabedoría contrastada, de alta
capacidade intelectual e coas chaves do futuro nas mans para abrir sempre, e cada día, as
portas do saber, para ensinar contidos e valores, respecto e compromiso.
Don Xesús Alonso Montero era un destes baluartes defensivos para os fillos dos humildes,
era o refuxio para acubillarse todos aqueles que querían un mundo diferente e unha
sociedade sen diferencias pola procedencia dos seus integrantes. Era un bastión para a
defensa da igualdade plena entre os homes e as mulleres do mundo, sen razas, sen cores,
sen clases e coas mesmas posibilidades de acceder á formación, á ciencia e ao
coñecemento.
Era así o profesor e así segue hoxe. Un intelectual brillante, capaz de seguir coa revolución
necesaria, un mestre do que ninguén pode esquecerse, un infatigable servidor público que
dedicou e dedica a súa vida á creación e propagación do coñecemento. Un sabio ao que
moito lle debe a intelectualidade, a cultura e a poboación galega.
Para renderlle homenaxe e recoñecemento, mañá venres, estará en Lugo, no IES que foi seu
e agora é Lucus Augusti. Alí, con el, estarán compañeiros, alumnos, amigos e, como di a Tía
Manuela, “será unha festa da palabra musicada, falada ou calada, con todo o simbolismo, a
autoridade e a forza que outorga a gratitude”.
Perfecto Conde será o mantedor do acto, unha escolla ben feita pola comisión organizadora,
un profesional do xornalismo que ten moito de que falar, se fala do que sabe, igual que
outros homes da comunicación, dos grandes do xornalismo, como Fernando Ónega, José de
Cora Paradela, Antón Grande e moitos dos que pasan a súa vida laboreando nos campos da
literatura, da cultura, das artes, da academia, da política, das ciencias e da filosofía.
Encherase o Instituto con xentes anónimas que irán dende lugares distantes, dende A
Coruña, dende Ourense e Pontevedra, para xuntarse cos de Lugo e deixar constancia do
afecto e agarimo ao profesor. Grazas, mestre!

Outros artigos

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

+

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

+

“O que menos necesita o mundo son máis guerras” – Antón Luaces

Israel acusa a España de "xogar un xogo raro e incomprensíbel, incumprindo as súas obrigas no marco da OTAN". Nada di da súa irresponsabilidade no incumprimento do Dereito Internacional. Donald Trump, presidente estadounidense, coida que España "é unha perdedora, son...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.