Sábado con chuvascos localmente fortes

08 Marzo 2024

O sábado o centro da borrasca estará situado ao norte de Galicia, moi preto do noso litoral. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvascos ocasionalmente fortes e treboentos e acompañados de sarabia. A cota de neve comezará nos 500 metros e irá en progresivo ascenso. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará forte de compoñente oeste, con intervalos moi fortes no litoral atlántico.

Atención para sábado 09: Chuvascos localmente fortes acompañados de tormenta e saraiba. Cota de neve arredor dos 500 m pola mañá.

O domingo será un día de inestabilidade atmosférica, con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos. A cota de neve estará nos 1000 metros pola mañá, subindo ós 1200 metros na segunda metade do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do noroeste, con intensidade moderada, con intervalos fortes no litoral pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 7 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá e á tarde e 5.5 a 6.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.