O Concello de Boiro organiza uns obradoiros de regueifas nos centros de ensino do municipio

26 Marzo 2024

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, xunto cos EDLG organizan uns obradoiros de regueifas en todos os centros educativos do municipio. As actividades levaranse a cabo durante o mes de abril e rematarán no mes de maio coa celebración dun certame.

O obxectivo desta actividade é “dar a coñecer o fenómeno da poesía oral improvisada en verso, achegar á rapazada a nosa tradición, explicando a historia da regueifa e outras expresións da improvisación que existen por toda Galicia, así como espertar posíbeis vocacións nesta práctica artística cun importante poder didáctico nos contidos de materias como lingua galega ou música”, informou o Concello.

O primeiro dos obradoiros tivo lugar no CEIP Santa María do Castro, onde o alumnado tivo oportunidade de improvisar con distintos xogos de palabras, e recibiron un premio na categoría escolar do certame de audiovisuais en liña Enreguéifate. Os demais obradoiros desenvolveranse durante o mes de abril e rematará cunha gala, o I Certame de Regueifas do Concello de Boiro, no que se amosarán todas as regueifas compostas en todos os centros educativos do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.