O BNG de Dodro esixe explicacións polos recheos en Bexo

01 Marzo 2024

O BNG de Dodro emitiu un comunicado a través do cal esixe explicacións polos recheos efectuados na contorna de Bexo, unhas intervencións que xa motivaron unha pregunta ao Executivo no pleno de hai un mes e que, segundo di a agrupación, aínda está agardando unha reposta. O BNG engade que “a maiores, desde hai días xurdiu outro importante movemento de terras en Reboiras que sorprende á veciñanza”.

A situación, segundo fan saber, é a seguinte: “Camións con escombro traído de fóra para as inmediacións do pavillón polideportivo da Paxareira xunto con escavadora levan días explanando na que fora unha canteira sen que o concello nin tampouco a Comunidade de Montes Balouta e Fontecova deran explicación pública. O mesmo aconteceu o pasado ano co enorme recheo de Bexo promovido pola Comunidade de Montes Abelán”.

Por este motivo, este 27 de febreiro o BNG de Dodro dirixiu un escrito ao Concello “no que esiximos o acceso aos expedientes completos sobre os movementos de terras e recheo nas inmediacións da Paxareira (Reboiras) e do castro As Murallas (Bexo) para informar á veciñanza”.

Segundo explican, “ao igual que en Bexo, a veciñanza descoñece se hai ou non proxecto, licencia ou permisos para as obras tendo en conta que agora o goberno do PSOE prescindiu do arquitecto municipal”. E conclúen: “Ignórase a procedencia dos residuos nos recheos que poderían causar un dano medioambiental ou representar un risco para a saúde pública; o Goberno local ten a obriga de velar pola seguridade e transparencia das obras no seu territorio para evitar desfeitas como as acontecidas cos pasados gobernos do PP”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.