“Manrique Villafranca” – Xulio Xiz

07 Marzo 2024

Manrique Villafranca y Díaz de Rábago acaba de deixarnos. Intelixente, home de ciencia, oftalmólogo de prestixio, tiña un oco no corazón de infinidade de lucenses que acudían a el con esperanza e fe. Desde a morte da súa muller non era o mesmo, notando e notándoselle a perda sufrida.

Cando Marcial González Vigo e mais eu, a mediados dos anos setenta, andabamos metidos en aventuras radiofónicas, comprobamos os coñecementos e a expresividade de Manrique cando participou na serie Los ojos, luz de la vida, coa que gañamos o premio nacional de radio da Cruzada de Protección Ocular. Tamén como radiofonista era un perfecto profesional.

Coincidimos nos anos oitenta en Fonmiñá, onde foi o terceiro presidente, despois de Tomás Paniagua e Vicente Quiroga. Vivimos momentos difíciles, e sempre estivo á altura da situación. E lembro, como un exemplo excelente, cando Manrique – que sempre tiña a consulta abarrotada de pacientes – pasou máis de dúas horas de unha mañá agardando ser recibido nun despacho secundario para un tema da Semana de Cine.

Eran tempos -´seguen séndoo – de pedir créditos para tirar para adiante, de xestións interminables, de aproveitarse de amigos tolerantes, de improvisar, de poñer boa cara ao mal tempo. Manrique estivo sempre onde fixo falla.

Lémbroo, xa no tempo de Televisión Lugo, con Tomás Sanz Martín ensinándolles aos lucenses as réplicas perfectas de fermosos barcos que eles construían, desfrutando coma nenos, rebosantes de ilusión. Agora, que ámbolos dous se reencontrarán no alén, seguro que atoparán o xeito de seguir construíndo soños para navegar polo ceo da boa xente .

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...