JEALSA garda un minuto de silencio pola muller asasinada en Palmeira e pecha fileiras contra a violencia machista

20 Marzo 2024

Case un milleiro de traballadoras e traballadores de JEALSA participaron nun acto de repulsa á violencia machista en Bodión (Boiro), na planta conserveira na que traballaba Andrea, a moza asasinada este martes en Palmeira a mans da súa ex parella. No acto, a encargada de poñer voz á empresa foi a directora de Recursos Humanos de JEALSA, Elena Garrido. Entre os asistentes ao acto, estaba o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e os líderes da oposición Fernándo García Dieguez (PP) e Raquel Suárez (BNG).

Tamén na planta de Baiuca o alcalde de Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, xunto con varios membros do Ejecutivo local, sumáronse á concentración da comunidade de traballadoras e traballadores de JEALSA.

Todas e todos as/os participantes mostraron a súa solidariedade coa familia e persoas achegadas da moza asasinada e expresaron o seu firme rexeitamento contra todo tipo de agresión contra as mulleres.

Andrea, levaba desde o ano 2019 traballando na empresa boirense en diferentes campañas. Nesta ocasión, incorporouse o 15 de xaneiro a Bodión. “Era unha moza afable, moi positiva ante a vida, alegre e cun eterno sorriso”, con esas palabras lembrárona esta mañá as súas compañeiras.

Reproducimos aquí a declaración institucional de JEALSA con motivo do feminicidio:

“Todas as persoas que formamos parte de JEALSA queremos mostrar a nosa máis enérxica condena ante o recente acto de violencia machista que se cobrou a vida da nosa compañeira Andrea.

Onte, a esta mesma hora, Andrea despedíase cun “ata mañá” e o seu eterno sorriso. Nada facía pensar que a súa curta vida ía ser truncada dunha forma tan violenta deixando a un pequeno neno orfo e a toda unha familia abatida.

É inadmisible que en pleno século XXI sigamos sendo testemuñas de actos de violencia de xénero que arrebatan vidas, perpetuando un ciclo de sufrimento e dor. Como empresa comprometida coa igualdade, onde as mulleres xogamos sempre un papel determinante, reafirmamos o noso compromiso inquebrantable na loita contra todas as formas de violencia e na defensa dos dereitos humanos de todas as persoas, sen importar o seu xénero.

Como sociedade, debemos unirnos nun firme rexeitamento a calquera manifestación de violencia de xénero e traballar de maneira conxunta promovendo a educación, a sensibilización e a prevención desde todos os ámbitos, para construír unha contorna segura e respectuosa para todas as persoas.

A gran familia JEALSA hoxe quere sumarse á dor e duelo da familia e amigos de Andrea, e brindar este pequeno recordo á nosa compañeira en homenaxe á súa vida e á súa memoria, que estará sempre connosco.

Gardemos agora un minuto de silencio en sinal de homenaxe á Andrea”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.