“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

28 Marzo 2024

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores “Dalí”, que bateu contra a ponte após perder a propulsión e quedar ao garete. A alerta dada polo buque permitiu ás autoridades deter o tránsito rodado e salvar as vidas de bo número de persoas. Malia todo, seis traballadores da entidade foron inicialmente dadas por desaparecidas. 

O de Baltimore é un dos máis importantes portos  de EU. Situado este na banda atlántica do país, circulaban pola súa ponte mercadorías valoradas en 80.000 millóns de dólares (perto de 79.000 millòns de euros) procedentes do estranxeiro. Falamos da ponte Francis Sutt Key, derrubada polo buque “Dalí”, de 300 metros de eslora, 48 de manga e 120.000 toneladas de desprazamento, con capacidade para ata 10.000 TEUS (contedores de 6,1 metros de longo, por 2,4 de ancho e 2,6 de alto) o que significa a obriga de que todo o tràfico de mercadorías perigosas se traslade agora por dous túneles e así durante varios meses, que será tamén o tempo de interrupciòn do tránsito portuario por canto a canle de navegación tamén está interrompida polos restos da ponte. No aire, màis de 15.000 empregos directos e uns 140.000 indirectos, segundo informou o enxeñeiro de camiños Carlos Lamora,

O portacontedores “Dalí”, causante do grave problema  de Baltimore, xa deixou antes de agora a súa pegada, desta vez no porto belga de Amberes. Foi vai 8 anos, durante as manobras de desatraque. O buque colidiu contra o muro de pedra dun dos piares do citado porto e causou danos tan importantes que obrigaron a pechar a zona ao tráfico marítimo e a reparar os danos na popa e na liña de frotaciòn sufridos polo “Dalì”.

Benjamín Sande Rodrìguez, de Cee e domiciliado na Coruña, enxeñeiro de Máquinas da Mariña Mercante, con moitos anos de experiencia e mando en buques, escritor actualmente xubilado, da o seu informe técnico ao respecto do supostamente acontecido: “O Dalí, antes de colidir contra a ponte de Baltimore, quedou totalmente a escuras. Por este motivo tamèn quedou sen goberno automáticamente. No que atinxe á fumareda observada, antes de colidir o barco estaba, como dicía, totalmente a escuras e sen goberno. Ocorreu que se produciu unha caída da planta xeradora de corrente, paráronse as bombas do motor (este está programado para que así se faga no caso de fallo do engraxe, refrixeraciòn e bomba de baixa de combustible). Debería arrincar a pranta auxiliar aos poucos segundos, pero non o fixo. Seguro que o teléfono de ordes dende a ponte á màquina non deixou de soar dando ordes de marcha atrás, mentres o persoal de máquinas trataba de arrincar os auxiliares; de aquí as fumaredas.

Ao dispor de corrente, o xefe intentaría arrincar o motor principal  para dar marcha atrás. E non arrinca. Era tal a confusión que metiu combustible en demasía. De aquí esa gran fumareda; a penas arrincou con aire. Non dou tempo a máis: o barco colidía co piar da ponte. 

Outro fallo poido ser a falta de remolcadores de apoio, que deberían estar levando o barco ata pasar a ponte, o que soe facerse por unha cuestión económica. As compañías prescinden dos remolcadores por aforrar gastos”.

Aquí xorde a pregunta sobre qué podería ocorrer de se arriar áncoras a proa (babor e estribor) do “Dalí”, e Benxamín Sande é preciso: “Debería facerse con tempo, antes de ter chegado á ponte”. 

Porque, ao parecer, sí se arriaron áncoras, pero sen marxe dabondo de manobra, probablemente, para que esta permitira “xogar” segundo as necesidades coas áncoras de babor ou a de estribor, alternativamente, e ir librando dos basamentos da ponte.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...