En Porto do Son o Concello mellora vías urbanas, espazos de lecer e educativos e os accesos a San Benito de Seráns

25 Marzo 2024

A brigada municipal de Porto do Son, o persoal dos centros educativos e máis o alumnado do Obradoiro Tahume IX intensificaron estes días pasados os traballos de acondicionamento, limpeza e arranxo dos accesos, camiños e espazos de lecer dos núcleos do concello sonense, co obxectivo de garantir o pleno desfrute dos mesmos e, tamén, de achegar máis accesibilidade e seguridade. Entre as zonas onde se levaron a cabo traballos de posta a punto do firme e da accesibilidade inclúese as contornas do Centro de Saúde, do Edificio de Usos Múltiples e da Capela da Atalaia, todas elas na propia vila de Porto de Son.

Ademais, desenvolvéronse tarefas de mantemento das zonas verdes do CEIP Portosín realizadas polo persoal de conserxería e limpeza.

Tamén foi obxecto de acondicionamento o camiño á capela de San Benito de Seráns

Igualmente, o alumnado do Obradoiro de Emprego TahumeIX do módulo de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería puxo o foco na mellora das zonas verdes da Escola de Nebra, do CEIP Campanario, do EEI de Queiruga e de Rato Lura; ao tempo que, o alumnado de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizou o acondicionamento dos accesos da praia de Ornanda. Podemos ver o resultado destes traballos no Facebook municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.