Situación intermedia entre unha baixa centrada ó suroeste da península Ibérica e un anticiclón centrado ó oeste de Azores. Deste xeito, agárdanse ceos despexados en xeral, ou con nubes altas, con máis nubes no extremo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior, moderados na costa, fortes no litoral noroeste.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



