“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

28 Marzo 2024

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non sei
onde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seu
programa de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo relixioso do
mundo ou, polo menos, das máis importantes de Europa. A onde irán e que farán? Ao parecer van
ver mundo, aprender cousas que non coñecen e das que nunca escoitaron falar. Teñen cinco días e
cando volvan, seguramente derreados, que dirán?
Polo que se ve, a Semana Santa é un tempo de turismo e o turismo é un negocio, un negocio que
enriquece aos ricos, que emboba aos pobos, que distribúe ledicia entre a xente nova e tamén entre
os maiores que gozan ao contar o que desfrutaron mirando aquela estatua de “non sei quen”,
daquel escultor famoso,  que “non lembro o seu nome” .
Despois do carnaval chega a Semana Santa e a mobilidade da xente non para. Se chove porque
chove e se quenta o sol, polo mesmo, a xente vai e volve. Algúns rezan e persígnanse, respectan a
coresma e non comen carne. E hai quen peregrina polas rutas dos asadores de carne de porco ou de
vaca, aínda que sexa barata. Cadaquén coa súa idea e conforme ao peso da carteira, antes de que
fique baleira.
Por unha razón ou por calquera outra, hai no mundo centros relixiosos sagrados que atraen a
milleiros de persoas e hai intermediarios turísticos que alentan a mobilidade das multitudes para
que vaian rezar e ver, consumir, andar e comer.  Destes centros os referentes mundiais polos millóns
de visitantes, son o templo Senso-Ji de Xapón e o Santuario de Santa María de Guadalupe de México.
A Meca, o lugar onde naceu Mahoma e a cidade máis sagrada do Islam, recibe como unha ducia de
millóns de turistas anuais. Unha cantidade moi alta (uns dez millóns) viaxan anualmente a Xerusalén
e ao Muro das Lamentacións; moitos van a Roma para deterse no Vaticano e ver a Basílica de San
Pedro. Outros andan polo mundo turísteando de festa en festa ou de peregrinación a Santiago.
Segundo a Organización Mundial de Turismo (OMT) o relixioso move máis de trescentos millóns de
persoas cada ano, xerando un importante volume de negocio, veñan de onde veñan e vaian para
onde vaian. Anualmente anótanse en todo o mundo cerca de mil millóns de chegadas de turistas
internacionais, case o mesmo número dos rexistrados antes da pandemia. Os datos manexados
polos informes da OMT indican que a industria turística achegou ao PIB mundial máis de sete billóns
de dólares. Como di a Tía Manuela “o turismo move ás persoas, o capital e a conciencia”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...