A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) publicou unha mensaxe na súa conta oficial da rede social X, na que avisa que a actual situación de ausencia de precipitacións vai cambiar radicalmente a partir do xoves.
A partir deste 7 de marzo e ata o domingo 10, o máis probable é que nos atopemos nun escenario de “choivas xeneralizadas”.
Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta de que poderían producirse “acumulacións importantes de neve en zonas de montaña”. Respecto a os termómetros, a AEMET prognostica que “as temperaturas máximas estarán por baixo do normal”.
Pola súa banda a web Meteored precisa que “poderemos acumular máis de 100 litros por metro cadrado na costa e na nosa comarca aumentando a choiva canto máis o sur da costa.




