Arrincan as andainas xacobeas dende Corrubedo até Padrón organizadas polo Concello de Dodro

11 Marzo 2024

O Concello de Dodro organiza esta tempada (na recta final do inverno e nos comezos da primavera) unha serie de percorridos de sendeirismo ao abeiro do itinerario xacobeo de Arousa Norte: o Camiño A Orixe. Trátase dunha camiñada dirixida a poboación que queira realizar o camiño entre o Faro de Corrubedo e Padrón. O roteiro estará dividido en 6 etapas que se realizarían os días 9, 16 e 23 de marzo e 13, 20 e 27 de abril.

Hai un total de 50 prazas e o mínimo a cubrir para que se leve a cabo é de 25.

As persoas interesadas poden resolver ás dúbidas e formalizar a inscrición no Departamento de Deportes do Concello de Dodro, 981802532 ou deportes@dodro.gal.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe e o concello de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.