“Ai dos mornos!. Xulio Xiz

22 Marzo 2024

Deixoume marcado hai moito tempo unha frase do libro da Apocalipse: “Coñezo as túas obras: non eres frio nin quente. Por iso, porque eres morno (tibio) vomitareite da miña boca”.

Eu sempre pensei que había que fuxir dos extremos, e situarse nun punto preto do centro, porque por alí debía andar a virtude da normalidade, do equilibrio, aimnda que agora parece que un dos extremos é quen marca as reglas do xogo.

Morno resulta ser lixeiramente quente, entre o frio e a calor, pero en sentido figurado tamén pode ser levedade e mesmo falta de enerxía ou ambigüidade.

Sempre penso que son morno en canto ao idioma, pretendendo equidistarme entre os que se sitúan no castelán e non apean del e os que utilizan o galego sexa cal fose o idioma da persoa que teñen diante. Eu chego a un sitio e falo galego. Se me contestan en castelán, é moi probable que pase ao castelán, e se me contestan en galego xa sei que estou na casa. Esto, para o libro da Apocalipse non vale. Tampouco vale para os que, nativos ou conversos do idioma, consideran que hai que facer patria en todo momento e lugar, (As que me van caer por isto, van ser unhas cantas, pero xa estou afeito a recibilas especialmente nestes tempos revoltos). Porque algúns deses tan firmes no idioma, hai cincuenta anos, falaban castelán porque era máis fino.

Pero a min de pequeño educáronme así, a ser morno, nin frio extremo nin cálidamente excesivo, porque en Vilalba daquela non leran o libro da Apocalipse.

O que si me amola é chegar a calquera lugar e dicir “Son Xulio”, e que me respondan: “Ay, si, Julio”. Co do nome son moito máis respectuosos os de fora ca moitos galegos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.