A RAG prepara un diálogo interxeracional con Celso Emilio Ferreiro no marco do Día da Poesía

14 Marzo 2024

A Real Academia Galega celebrará o martes 19 de marzo o Día da Poesía. Farao cun diálogo xeracional coa tradición e a memoria da poesía civil a través da obra de Celso Emilio Ferreiro. A través desta proposta, dez poetas de distintas idades escollerán versos do autor de Longa noite de pedra para conversar con eles dende a creación propia. O encontro, de entrada libre, será ás 19 horas na Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña). Contarase coa presenza do poeta e novelista de Manselle (Dodro), Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Os textos escolmados para a celebración serán recollidos nunha plaquette coa que se agasallará o público e que se incorporará en versión dixital á sección de publicacións da web da RAG, academia.gal.

Anxo Angueira, Rosalía Fernández Rial, Ana Romaní, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre son os autores e autoras que protagonizarán o recitado da proposta titulada Poesía e sociedade de onte a hoxe. Dialogando con Celso Emilio Ferreiro. O académico Xesús Alonso Montero será o encargado da loanza do homenaxeado e García Mc da parte musical.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a directora da Sección de Literatura da RAG, Marilar Aleixandre; e a coordinadora do encontro, a académica de número María López-Sández, abrirán o programa, organizado co apoio económico do Concello da Coruña e que poderá seguirse en directo dende academia.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.