A Pobra amosa a súa repulsa ao femicidio de Palmeira cun minuto de silencio

20 Marzo 2024

Membros da Corporación municipal, persoal do Concello e veciñanza da Pobra do Caramiñal concentráronse ás 12.00 horas deste 20 de marzo fronte a Casa Consistorial para gardar un minuto de silencio con motivo do feminicidio sucedido na tarde deste martes 19 en Palmeira.

Ao inicio, o alcalde José Carlos Vidal dirixiuse aos presentes para explicar que “esta é unha forma de trasladar o pésame e apoio á familia e amizades da moza asasinada, ademais dun acto de rexeitamento ante este crime machista”. Tamén se pretende así mostrar a solidariedade coa veciña localidade de Ribeira, conmocionada por este terrible suceso. O rexedor salientou a importancia de “seguir traballando arreo para erradicar a violencia machista”.

Ademais, o Concello da Pobra do Caramiñal súmase á concentración deste mércores 20, ás 20.00 horas, na explanada do porto de Ribeira, ao lado de Capitanía Marítima, ademais de secundar a convocatoria efectuada por JEALSA nas inmediacións das súas factorías presentes na comarca.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...