A novela gráfica sobre Zeca Afonso de Teresa Moure e María João Worm preséntase este venres en Rianxo

14 Marzo 2024

Este venres 15 de marzo celebrarase en Rianxo a presentación da novela gráfica Zeca Afonso. Balada do desterro da escritora galega Teresa Moure e a ilustradora portuguesa María João Worm. Será no Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas.

A escritora Teresa Moure nunha imaxe da Libraría Numax

Trátase dunha obra de banda deseñada editada en galego-portugués por aCentral Folque. A orixe da obra está no “fascínio que senten as autoras por aquel home que cantaba por causas políticas”. Poñen o foco no que aconteceu antes de se tornar Zeca no cantante famoso que deu voz á Revolución dos Cravos, a súa nenez e mocidade en terras africanas, as súas viaxes polo mundo. A obra tamén ten un punto de partida nun dos seus concertos en Galiza e as vivencias segredas que relatou a Begónia Moa. Nestas conversas, segundo adianta Folque, “as suas preocupações mostram que está feito de carne humana; carne vulnerável que palpita e duvida, que vibra ao contacto com outras peles e depois teme tê-las magoado, que persegue dar um sentido à vida. Também à morte”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.