Ribeira celebrará este domingo 25 de febreiro o seu Xantar de Maiores

24 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira celebra este domingo o Encontro das Persoas Maiores no Pavillón da Fieiteira. Espérase dar acollida a máis de 870 persoas maiores de 55 anos ou xubiladas. O evento comezará ás 12:00 horas coa celebración relixiosa na Igraxa Parroquial de Santa Uxía e ás 13:00 horas coa recepción, por parte do alcalde e do Goberno municipal, Luís Pérez Barral, ás persoas participantes.

O alcalde ribeirense, Pérez Barral destacou que este Encontro do Maior “supón unha xornada de convivencia que contribúe a fortalecer os lazos de amizade e permítenos facer unha homenaxe a todas as persoas que tanto e tanto teñen contribuído para conformar o pobo que hoxe é Ribeira”.

Pola súa banda, o edil de Servizos Sociais informou que haberá autobuses, que sairán do porto comercial de Ribeira, para facilitar o acceso e evitar o uso do vehículo particular. “Ademais do xantar, haberá unha boa orquestra para amenizar a xornada da tarde” asegurou Mariño de Bricio.

Entre as principais novidades figura a do propio xantar, que terá como pratos principais os típicos do Entroido (haberá entrantes, 3 mariscos, lacón con grelos, sobremesa de entroido e bebida). Ademais haberá dispoñibilidade menús para persoas intolerantes ou con problemas de alerxias ás que se lle faría un menú especial.

Dende o Concello de Ribeira informan que proceden á “redución de gastos superfluos” e que “a Corporación municipal deberá mercar a entrada como calquera outro veciño”.

Na presentación do Encontro de Maiores que rivo lugar a principios de mes tomaron parte os presidentes do tódolos clubs de xubilados do Concello: Corrubedo, Palmeira, Aguiño e Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.