Os concellos do Camiño Muros-Noia e o o Centro de Acollida ao Peregrino buscan xeitos de mellorar o selado das credenciais e axilizar a obtención da Compostela

27 Febreiro 2024

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde, acompañada do técnico Sebastián Valverde e do párroco de Noia, José Ortoño Fuentes, reuniuse co equipo de delegados designados polo Cabildo da Catedral de Santiago para a xestión das peregrinacións, Daniel Lorenzo e Noelia Márquez. A reunión foi solicitada para tratar diferentes aspectos operativos e de organización sobre o Camiño da Ría de Muros Noia. O primeiro tema a estudar foi o procedemento de autoselado para a credencial, que se realiza en formato papel e está xa presente nesta ruta xacobea, pero que, segundo sinalaron, “precisa dalgunhas adaptacións para desenvolver e facilitar a súa implantación”.

A continuación analizáronse as peregrinacións colectivas, moi destacadas na ría, sobre todo as marítimas. Unhas peregrinacións que, tal e como explicaron os responsábeis da Oficina do Peregrino, “deberán seguir os modelos implementados desde hai anos para os grupos”, un sistema que axiliza a obtención da Compostela e garante que todos as persoas integrantes do grupo poidan recibila de forma áxil e cómoda.

Continuando coas peregrinacións marítimas, unha variante de especial importancia no Camiño da Ría de Muros Noia, os delegados do Cabildo da Catedral de Santiago confirmaron que o criterio para recibir a Compostela é ter navegado 90 millas náuticas como distancia mínima, tal e como figura na credencial que emite a Catedral para acreditar as distintas etapas. Unha navegación que deberá realizarse en embarcacións a vela.

Agradecemento polo apoio

Durante a reunión, Teresa Villaverde agradeceu a Daniel Lorenzo o recoñecemento, o amparo e o apoio recibido polo Camiño da Ría de Muros Noia tanto por parte do Arcebispo, como da Catedral de Santiago e dos responsábeis da Oficina del Peregrino, “que desde que recibiron o estudo de historicidade do Camiño, amosaron o seu interese por esta ruta e nos ofreceron a súa colaboración”.

O encontro, celebrado en Santiago de Compostela, finalizou co desexo expresado por Teresa Villaverde para que o Camiño da Ría de Muros Noia reciba pronto tamén o respaldo oficial da Xunta de Galicia. Os responsables do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino animaron á Asociación para que os seus traballos produzan os froitos que desexan.

A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia está composta por Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.