O documental “As Voces da Conserva” impacta nas redes sociais e na web da Mancomunidade Barbanza Arousa

02 Febreiro 2024

A presenza na nova edición de FITUR (a Feira Internacional de Turismo) da Mancomunidade Barbanza Arousa deixouse notar abondo. Principalmente grazas á presentación de As Voces da Conserva, do cal achegouse un adianto-resumo do audiovisual que, en palabras dos concellos do sur do Barbanza (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo), “conseguiu emocionar a todo o público asistente”. Á presentación e proxección suáronse outras accións paralelas levadas a cabo no marco de FITUR 2024.

Neste senso, a colocación dun tótem promocional nun dos accesos aos pavillóns expositivos do IFEMA tivo unha importante repercusión nas visitas á web www.barbanzarousa.gal chegando a incrementarse en máis dun 25% grazas ao códigos QR inseridos no mesmo.

Así mesmo, o extracto do documental As Voces da Conserva, visíbel estes días nos perfís sociais da entidade, removeu sentimentos na comarca e sacou á luz novas historias como as referidas no audiovisual nas que as protagonistas son as mulleres que dedicaron a súa vida desde ben novas aos traballos do mar e da conserva.

Nas vindeiras semanas o documental na súa versión íntegra será proxectado nos diferentes concellos do territorio, para que “toda a poboación interesada poida desfrutar da posta en valor que nel se fai da historia industrial de Barbanza Arousa”, sinalou a mancomunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.