O Concello de Lousame aproba un plan para gastos correntes e outro de mellora nos camiños e accesos públicos

09 Febreiro 2024

Dende o Concello de Lousame veñen de anunciar que no seu pleno municipal acábase de aprobar por unanimidade a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos POS+ 2024, que ascende a 357.217,95 euros, así como os 109.592,23 euros do Plan Complementario. Unha unanimidade que se mantivo na aprobación do Plan Adicional 1/2024, que destinará 57.483,35 euros a gastos sociais extraordinarios.

Deste xeito, a Achega Provincial 2023, encamiñada a investimentos financeiramente sostíbeis, será para tres proxectos: a pavimentación das estradas entre Pousada-Carantoña e Cruído-Loureiro (por un importe de 50.245,61 euros), a mellora dos accesos ao núcleo de Abeixón (por 41.139,99 euros) e a mellora do viario na Cabalariza- Fruíme (por 64.640,63 euros).

En canto á Achega Provincial 2024, esta será destinada a gasto corrente: 150.000 euros para sufragar o custe do alumeado público e os restantes 51.191,72 euros a mellora dos accesos a núcleos de poboación.

Asemade, o Pleno municipal acordou as obras do Plan Complementario, que suman un total de 109.592,23 euros: mellora do viario de Lesende a Vilacoba, que inclúe tamén a mellora dos accesos a Soutorredondo (Lesende), mellora do viario entre A Barreira e Guiende (Tállara), ao pé do monte Iroite e que inclúe tamén o arranxo doutros dous viarios na zona cara Arxellas (Camboño) e a mellora de viario no Outeiro (Lousame).

Por último, o Pleno aprobou tamén por unanimidade o POS Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios por un importe de 57.483,35 euros. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que “51.283 euros irán destinados á ampliación do Servizo de Axuda no Fogar, tanto básico como complementario” e salientou que “neste momento Lousame é dos poucos concellos que está dando Servizo de Axuda no Fogar a dependentes con grao 1, e non só aos de grao 2 e 3”. O resto da axuda será destinada a equipamento para o Departamento de Servizos Sociais e para actuacións de axuda a persoas especialmente vulnerábeis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...