O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para o persoal municipal de cultura

29 Febreiro 2024
A Casa da Cultura de Boiro, na Cachada

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 15.000 euros para financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024. En concreto, o importe da subvención vaise destinar aos gastos de mantemento do persoal técnico que desenvolve as súas funcións no Departamento de Cultura.

Fontes do Consistorio lembran que a Administración local conta cun departamento de Cultura que se ocupa de deseñar, programar e impulsar actividades culturais no municipio que favorezan a promoción e difusión da programación cultural. Ademais elabora propostas de programas propios como axendas culturais para todo o ano e tamén en datas específicas como o Entroido, Letras Galegas, Festas do Verán, Nadal…

O Concello de Boiro conta con equipamentos culturais nas distintas parroquias do municipio, polo que “se trata dun servizo descentralizado que leva a programación cultural e actividades aos distintos centros socioculturais”, explica, engadindo que a maiores o departamento de Cultura xestiona as distintas salas de exposicións dos centros e tamén a xestión dos salóns de actos e aulas nos que entidades e colectivos desenvolven programacións propias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.