O Campionato de España de ILCA 4, organizado en maio polo Real de Portosín, será unha das primeiras grandes citas coa vela lixeira nacional

29 Febreiro 2024

Fotos de J.C.

Juan Caballero.- O Real Club Náutico Portosín prepara unha intensa tempada velística na que, ademais das citas tradicionais, sumarán un Campionato de España de ILCA 4 e unha regata clasificatoria de Láser, nas tres modalidades da nova denominación internacional da clase individual de vela lixeira. En xunta directiva, reunida hai escasos días, os dirixentes do club avalaban o calendario xa proposto ás Reais Federacións Nacional e Galega de Vela, unha compacta folla de ruta do deporte con maiores éxitos olímpicos, nos que figuran destacados eventos organizados polo dito club da ría de Muros e Noia.

Sucarán as súas augas, no mes por excelencia da primavera, os xuvenís da Clase ILCA. Do 1 ao 5 de maio, Portosín será sede do Campionato de España de ILCA 4, denominados con anterioridade Láser 4.7, unha categoría emerxente que en Galicia sempre foi un puntal de bos talentos para o deporte da vela.

Xuño, os días 22 e 23, recibirá aos Cruceiros. A vela pesada ábrese paso cunha nova entrega da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo co aliciente de ser, nesta vixésimo cuarta edición, Campionato Galego de Cruceiros por concesión da Real Federación Galega de Vela.

Os Cruceiros tamén adquiren un especial protagonismo no mes de agosto con outro clásico de Portosín, a Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, que se disputará os días 17 e 18 deste oitavo mes do ano, no que se conmemora, ademais, o décimo aniversario da regata patrocinada por Dominga Sabín, sendo a XXXVI cita deste gran evento que navega ata a Enseada de Finisterre.

A Real Federación Galega de Vela e a Xunta de Galicia, premian esta fidelidade outorgándolle á cita de alto nivel e por dereito propio, sen cesións de terceiros, o formar parte do circuíto do Trofeo Presidente Xunta de Galicia, de maneira conxunta co Real Club Náutico da Coruña, o Monte Real Club de Iates de Bayona, o Club Náutico Ría de Ares e o Real Club Náutico de Sanxenxo, entidade á que o Real de Portosín séntese agradecida por ser a depositaria, durante dúas edicións, do mítico Trofeo.

O ano velístico na alta competición de Portosín finalizará, tal e como empezou, coa vela lixeira e a Clase ILCA, sendo os días 16 e 17 do penúltimo mes de 2024, regata clasificatoria para as tres categorías do Láser, durante o transcurso do XXI Memorial Alejandra Fernández.

“Para o Real Club Náutico Portosín a tempada 2024 preséntase chea de ilusión, con moitísimas ganas e cunha importante carga de responsabilidade, xa que empezamos en breve co Campionato de España de ILCA, unha clase distinguida por ser olímpica, tanto en categoría masculina como feminina”, comenta Fernando González, comodoro da entidade portosinense.

“Seguiremos coa nosa regata Gran Trofeo Faro de Corrubedo – Regata Ramiro Carregal Rey, que este ano ademais é Campionato Galego de Cruceiros e forma parte da Copa de Galicia, circuíto que premia ao mellor club. E a Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, que é outra das grandes citas que, por fin este ano e xa de pleno dereito, forma parte do Trofeo Presidente Xunta de Galicia que é o de maior nivel na comunidade galega”, apunta González.

“É unha tempada, como xa dixen, cargada de responsabilidade pero tamén de moita ilusión e que esperamos estar á altura das institucións e das persoas que confían en nós”, termina dicindo o directivo do club.

Os actos sociais e actividades que o Real Club Náutico de Portosín organiza ao longo do ano, complementarán unha intensa tempada desde unha das principais entidades sociais e deportivas da comunidade galega.

Outros artigos

Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica

Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...

+

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...