Muros despide o Entroido co Concurso e Desfile de Comparsas, este domingo 3 de marzo

28 Febreiro 2024

O Concello de Muros confirmou nova data para o Desfile e Concurso de comparsas do Entroido, previsto para este pasado domingo 25 de febreiro pero finalmente adiado por mor do mal tempo e as chuvias persistentes que nos deixou a pasada borrasca. A nova data elixida (e definitiva) é a deste domingo 3 de marzo, a partir das 17.00 horas.

Será a despedida do Entroido na comarca: unha despedida ao grande cun concurso ateigado de importantes de premios e que, no seu percorrido pola rúas da vila muradá, pasará pola Virxe do Camiño, a avenida Porteliña, a rúa Castelao e o Curro da Praza.

Haberá tres categorías de premios: individual (con 200 euros ao primeiro clasificado, 100 ao segundo e 50 ao terceiro e ao cuarto); grupos (con 500 euros ao primeiro premio, 250 ao segundo, 125 ao terceiro e 100 ao cuarto); e comparsas (con 1.100 euros ao primeiro clasificado, 600 ao segundo, 300 ao terceiro premio e 150 ao cuarto).

A vertente musical da actividade virá da man de La Maquinaria Band.

Está prevista a participación do grupo veciñal do Entroido Tradicional de Abelleira.

Organiza o Concello de Muros a través da Área Municipal de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.