Muros acolle o domingo o III Trail Cova da Bruxa, campionato galego de traisl running individual e de clubes

12 Febreiro 2024

O Concello de Muros acolleu a presentación do III Trail Cova da Bruxa, unha proba que se celebrará este domingo 18 de febreiro e será o Campionato de Galicia de Trail Running Individual e de Clubes.
Participaron na presentación Esther Pedrosa, da Federación Galega de Atletismo; Felix Rebollido, Paula Cernadas e Mónica Rodríguez, do Serres Runners, organizadores da proba; a alcaldesa de Muros, María Lago, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea.
“Unha proba que combina deporte e natureza, un evento importante porque acolleremos un campionato de primeiro nivel e amosaremos o atractivo natural de Muros”, asegura a alcaldesa, María Lago.
“O campionato contará con competidores de talla internacional, medallistas nacionais e unha ampla presenza de compoñentes da selección galega de Trail Running”, afirmou pola súa parte Damián Torea.
O deste domingo será o primeiro campionato galego de Trail Running que inclúe as categorías sub 16, sub 18 e sub 20 Individual, cun percorrido específico ‘preclassic’ de 14 quilómetros.
A competición nas categorías sub 23, absoluta e máster será no Trail Longo (23 km), que será a súa vez campionato de clubes. “Dado que non está matematicamente decidido, decidiranse neste campionato as 26 prazas da selección galega que competirá en marzo en Murcia, polo que o espectáculo e o rendemento deportivo están asegurados”, engade Torea.
O evento cumprirá con toda a normativa da Federación Galega de Atletismo no que atañe á protección medioambiental, seguridade e loxística, e por suposto cuns percorridos elixidos con mimo polo club organizador, o Serres Runners.
“Desde a FGA desexamos agradecer ao Concello de Muros e o Club Serrers Runners a implicación non só nesta, senón nas dúas ediciones anteriores, e a súa implicación na promoción da disciplina do Trail Running”, afirmou Esther Pedrosa.
“Aguardamos preto dun milleiro de participantes na proba, un récord de inscritos dos que de seguro o concello e o club estarán orgullosos, contando co maior nivel do Trail Running de Galicia”, engadiu.

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

Durante o sábado teremos os ceos moi abertos en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ós 26 graos. Os ventos soprarán do sueste frouxos en xeral, do nordés moderados entre Bares e Fisterra...

+

Actividades de Samaín en Ribeira

Os días 1, 2 e 3 de novembro en Ribeira teremos o Samaín organizado pola asociación cultural Alfaia e as Concellerías de Cultura e Mocidade de Ribeira con exposición de monstros no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia) do 1 ao 03/11, exhibición...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...